28 dic 2011

Disfraces


E está a chegar esa noite...unha desas ocasións onde se preparan os caros disfraces, para entrar nun novo ano...

Prepáranse eses vestidos de princesas, eses traxes de funeral con chamativas gravatas...todo o que se supón que é elegante...que nos favorece...
As perruquerias a rebentar...peiteados, maquillaxe...todo o que se poda para tapar eses "defectos" que temos...todo o posible para parecer o menos posible nós...intentamos sen darnos conta tapar parte da nosa identidade...eses defectos que en realidade nos fan especiais, que nos fan ser nós...

Caretas de polvos...roupa, calzado sen nada de comodidade,a pesar de que vai ser unha das noites mais longas do ano...

Pero todos o facemos...bodas, fins de anos, actos especias...para que todos nos vexan sen ser nós...xa que é o que se supón que debemos  facer, dar unha boa impresión, dar unha boa imaxe...prexuízos sobre nos mesmos...

21 dic 2011

16 dic 2011

VIVIR!!

Vivir nun soño, tolería constante, caerse por soñar que voas, erguerse...agolpamientos de sentimentos, maraña de pensamentos, retorcer a vida para que nada teña sentido... :D


Formar o teu propio mundo para que todo esté permitido...

15 dic 2011

Efectos ópticos

Iluminación, transparencia...xogos con lume...efectos ópticos
Porque case sempre a xente que brila, parece transparente, pasa desaparecida...xustamente
esa transparencia deixa pasar o brilo...

13 dic 2011




Nunca te avergonces, nin te arrepintas de sentir, sen sentir non somos mais que carne e ósos perdemos a única esencia que vale a pena no ser humano, o sentimento.

Mirar, ver

Mirar, mirando...
Ver, vendo...

Mirando miradas, miradas mirando
Miradas ocultas, miradas
Miradas caladas, miradas berrando
Ollos falando sen ser escoitados




Choque de miradas

9 dic 2011

Ano tras outro


Dicen que se acaba un ano...e que tras del ven outro novo....a xente comeza a propoñerse comezar cousas e desexos para o ansiado 2012...outros laméntanse dun ano mais pasado...todo marcado por eses números, 2011,2012... do 31 pasamos o 1....pero cal é o cambio?

En realidade non é mais que unha ilusión que nos marcamos...unha data límite para q algo mellore, para que algo continúe, para que algo comece ou remate...un ano tras outro...pero eu por moito que o intento nn vexo mais que a continuación da miña vida, marcada polas miñas accións e pola “suerte” “destino”...non vexo que ese ano novo o vaia cambiar...por mais que o intento o que recordo son sucesos, sentimentos, sensacións da miña vida non anos.... dame igual que fora nun número que noutro, o importante é o que aconteceu e dende logo non cando...

Recordas cando foi a 1ª vez que uliches unha flor, que tocaches a auga fría do río, que viches as estrelas e te asombraches da súa beleza, que abrazaches, que caixes e te erguestes, que sorriches?pero recordas que iso pasou...

Por iso eu non me propoño boas accións para o novo ano...seguirei propoñendome mellorar día a día, mellorar para toda a vida...e sí un ano atrás queda, mellor ou peor, pero nn ten mais significado que o que lle aportan os acontecementos e non terá mais do que cada un lle qeira dar....cicatriz arriba cicatriz abaixo

Asique para ao ano novo non lle pido nada...ningún desexo....cédollos para quenes os necesiten, eu intentarei telos e cumplilos nos momentos que lles corresponda...

Nin me propoño nada que comezar no 2012....propoñome o de sempre o que propoño todos os dias e cada momento....propoñome mellorar como persoa, cometer erros e aprender deles,non facer dano a xente...propoñome vivir sin pensar no tempo...feliz cando se poda, infeliz cando corresponda...

E o que pase non estará marcado por unha data....estará marcado porque pasa e punto...todo pasará xustamente cando teña que pasar...


6 nov 2011

Pegadas

Camiña, camiña...hacia diante, hacia atrás, en círculos...pero camiña...
Dirección a ningunha parte, onde os pasos te leven...nunca borres as túas pegadas.
Pegadas de erros, de acertos, de bondade, de maldade, de egoísmo, de altruísmo.

Pegadas da túa vida.


17 oct 2011

Ver diante túa o teu pasado...

“Como lle explicas a un corazón que ten que deixar de latir como o fai, como lle explicas a un subconsciente que ten que deixar de soñar, como lle dis a uns ollos que teñen que deixar de chorar, como lle dis a un rostro que ten que deixar de finxir, como lle dis a uns beizos que teñen que deixar de esperar, como lle dis a un corpo que deixe de asquea...como deixas de durmir sen descansar…como lle dis ao pasado que deixe de desgarrar…como lle explicas a unha cabeza que deixe de pensar. Como?”
Coleccionar plumas...crear ás, para voar lonxe ou para poder manterse no sitio.


5 sept 2011

Alargando estaciones.

Es de saber que en verano el calor precede a la tormenta.
Tras el verano llega el otoño seco, algo triste...antes del frío y helado invierno...largo, que se hace eterno...



Las estaciones se pueden alargar...



3 sept 2011

¿Actualidade?

[...]
- Pai: "Vaise montar, e isto acabará a tiros como sempre en España"
-Filla: " E nese momento será no que se estou nel marcharei deste país"
-Pai: "Si, deso encárgome eu"

31 ago 2011

Cancelado

Dicen que se non podes facer algo é porque te espera algo mellor ou incluso que che ía pasar algo malo ao facelo...dicen que despois dunha mala época ven algo que compensa todo..supoño que será verdad, o mellor é poñer un sorriso na cara e tirar para diante.

30 ago 2011

Antiquísimo

"Nunca che pasou que chega un momento en que che doe tanto querer, que te cansas tanto de querer...que non queres voltar a ter sentimentos de ningún tipo?nese momento que non queres saber nada de naide, pero ao mesmo tempo precisas tantísimo un abrazo que mataría por él....ese momento que as bágoas parecen infinitas e non paran de brotar dos teus ollos...que te aferrras a unha almohada, a unha manta como se fora o teu último recurso de cariño..."

29 ago 2011

Medos

Teño a manía de recordar datas...teño a manía de recordar...
teño medo a que cheguen os días...teño medo de que pasen os dias...
teño a manía de pensar....teño a manía de analizar...
teño medo de que pase o tempo, porque o tempo fai esquecer....
teño medo a esquecer pero pánico a non facelo...
teño medo a ter que decirdir....
teño medo de min mesma...
teño medo de ti, de ela, de él...
teño medo de todo....
teño medo pero non o teño....teño medo e curiosidade.

Teño medo a non ter o abrazo que preciso...teño medo a necesitalo e teño medo de chegar a telo

28 ago 2011

Visións

Alguén dixo: "ten cuidado porque de bo pódense rir de ti"

Non te preocupes de que alguén se ría de ti por algo feito a boa vontade porque seguramente se o fai é porque non ten unha razón mellor pola que rir, asique debeste de alegrar de que dunha maneira ou doutra lle des a única razón de risa a alguén...
Preocupate cando o que provoques señan choros e dores...

Soños!

Un día recorrerei o mundo nunha furgoneta toda decorada e pintada, quilómetros e quilómetros sen importar o destino nin o final, tan só o camiño...sen percorridos fixados, coñecendo lugares e persoas, aprendendo e a poder ser volvéndome cada vez mais nena...mais inocente para absorver toda a información sen xulgar, con ollos novos ansiosos de mirar. Comezando unha vez mais a ulir, tocar, ver e saborear cada momento, cada experiencia como o primeiro olor, visión, sabor, sentimento...sen que me afecte o anteriormente coñecido pero sen olvidarme dese coñecemento. Pasarei as noites mirando as estrelas, durmindo abrazada pola tenue luz da lúa.

Sería un novo renacemento cada día...miles de vidas nunha vida ben vivida.

27 ago 2011

Maquillaxe invisible

Chegada a noite, ve borroso,
esa mirada chorosa permille ver á súa confidente.
Ela nunca pregunta, nunca critica, nin dá opinión,
nunca a mira con cara de incomprension,
nunca limpa o que lle impide ver.
Ela sempre permanece en silencio, só escoita...
escoita o que ninguén mais é capaz,
ese bater na cabeza,
ese deslizamento de gotas,
ese golpeteo que demostra que segue viva...


E chega o orto, abrénse os ollos, obriganlles a ver...comeza un novo día e bota o maquillaxe invisible...sorrí e "BOS DÏAS"
un novo dia comeza co seu fin...

25 ago 2011

Borré parte de mi historia para reescribirla a mi antojo...

"Collo a miña vida, embruñoa, tiroa, pateoa....corro recollela, estiroa toda estiradiña, aloumiñoa....cánsome....volvo embruñala, volvo tirala, pateala....e corro recuperala outra vez, unha e outra vez...."

21 ago 2011

Fotos

Por algunha extraña razón hoxe veume unha foto a cabeza.....
É curioso como as fotos pasadas sen sabelo marcan o que mais adiante pode pasar, das bromas pásase a realidade...xogadas da vida, cousas que non te imaxinabas...globos.... Quen sabe se as fotos que agora mesmo miras non marcan o teu futuro, como sabes que algunhas que estas mirando é o que che pasará maña....quen sabe...as fotos que estas por sacar... Asique cuidado cas fotos, cuidado cas bromas, cuidado co pasado poque é o teu presente, cuidado co presente porque será o teu futuro...pero o mellor é que hai moitas e non todas o marcan, o mellor é que todo é unha incógnita, quen sabe? os non planes son os que contan.... As incógnitas son o importante, non intentes despexalas, os resultados virán solos, e despexandoas seguro que en algo fallas...deixa a túa vida ao destino.

20 ago 2011

Todo cambia...

....cenicienta decidiu ir descalza, ao principio as pedras e critais fan daño, pero fas callo.
....a sirenita fixo as oposicions para bruxa.
....a pata decidiu ser silla.
....Shakespeare deu a volta á historia, Romeo e Xulieta van cada un polo seu lado.
....o doce empalágase e decide volverse amargo.
...o morto decide vivir.


19 ago 2011

Autoengaño

"Haces de la soledad tu bandera, la disfrazas de eso tan maravilloso llamado libertad. Pero por mucho que le pongas una careta, no deja de ser lo que es, soledad y las putas noches no dejan de recordartelo... Las lágrimas no son diferentes de cuando tenias 2años, es mas, seguramente sean mas irracionales. Pero lo que si es que son infinitas."

18 ago 2011

Cabezonería feliz

E chegou o momento, non me fai falla nada...esperar?a que, estou cansa...son feliz porque me empeño en ser feliz, sonrío, soño, vivo...porque creo que por primeira vez tan so me necesito a min...porque ao final non tes mais...non mais pensar, non mais preocuparme, serei eu...pero eu feliz, contenta, sorindo, rindo, vivindo a vida que sempre quixen..porque quero xente ao meu redor pero non preciso a ningué...independencia absoluta...adeus...adeus.....muros e muros de pedras, de cemento e os mais duros, muros de min mesma :D :D
Queres pero estas cansa..:D

17 ago 2011

Soños dunha noite de novembro






Soños dunha tarde, dunha noite....mar, auga, estrelas, lúa e area....volta ao inicio nun tempo moito mais lonxano....baños, camisas....abrazos...intentos....sensacións.....sentimentos...cidades...luces...parques...música...Sabes que estas soñando pero.....esa ledicia....Ese frío desaparece....calidez.....risas....timidez....complicidade...

Quen dixo que non se podía vivir dos soños....quen dixo que non se pode vivir nun soño...Non me despertes poque nos meus soños, os meus soños fanse realidade.....Pero non deixan de ser soños....

16 ago 2011

Evadirse...

Hai un desorde absoluto, con palabras chocando contra as paredes e ovillos de sentimentos nas esquinas....
Onde o sol ou as estrelas se poñen sempre que sinxelamente me apetece....
As miras non teñen fin...e o único límite é a imaxinación....

12 ago 2011

Síndrome de Peter Pan

Responsabilidades, medos, timidez, vergonza....son todo inventos da mente "adulta".

Cada vez entendo mellor a Peter Pan, o medrar non trae nada bo...liberdade? relativa diría eu...cando medras enxaulaste con barrotes feitos por ti mesmo, non fas polo que pode pasar, fas porque debes e non porque queres....deixas de ser ti, para ser un ente que fai o que debe facer, ser adulto lle chaman...palabra horrible donde as haxa, e o peor horrorizame pensar que eu en moitos momentos me chegue a comportar como tal...

Fantasías...

Unha praia....rocas a dereita e a esquerda...pequeno oquiño entre os cons...area....oscurida
de....un maravilloso reflexo da lúa no mar...estructuras de madeira ao fondo...tenue luz, que só deixa ver sombras...estrelas...br​isa...auga...chapoteo...esa praia...novas fantasías...

11 ago 2011

Fue más bien un desgarrador final de algo que nunca empezo...

Viviste aquello que tanto soñaras, en lo que creías con tal fe que te arropaba al adormecerte, aquello de los cuentos, aquello que miles, millones de personas nunca vivirán. Y aunque no fue un final feliz, deses en lo que todo lo vence, fue un vivir intenso, fue y es tan puro que el final nunca será final...

Suerte por vivirlo, por conocerlo, ahora a seguir conociendo cosas...esa parte en cierto modo queda sellada, en un tiempo ya no la necesitas. Camina pausadamente hacia adelante.

La  pequeña lejanía temporal lo muestra como lo más terriblemente maravilloso y lo más maravillosamente terrible.