20 oct 2012

6 de abril de 1943 - 7 de abril de 1990

6 de abril de 1943

 Quizáis o problema é, que gran parte de min é descrita ou se pode definir por un libro que moitos considerán para nenos. É o que me devolve a min mesma unha e outra vez.

Vexo a boa que come un elefante e quero atopar a miña rosa.

7 de abril de 1990

Peut-être que le problème est leur propre étoile filante

15 oct 2012

Exemplos

Dela aprendín…

Eses cantos agazapada no seu colo ao lado da cociña, esas primeiras letras detrás do tiro, esas partidas de birisca, esas longas andainas polos camiños, eses contos de antigos recordos nunca tristes aínda que agora sei que ben os había.

Naceu no 1911…


Sabía ler, escribir e as catro regras, vivíu dúas dictaduras, unha república, unha transición e unha democracia e SEMPRE mirou e tirou cara ADIANTE.

Por ela son…


12 oct 2012

Faladurias

Dicen que é esixente, din que ten un carácter forte...

Quizais tan só se trata dun arraigado inconformismo, cabezonería de ideais e creencias, negación do estatismo e pasivismo, un empeño en moverse aínda que o mundo ao redor este quieto.


Estrelas fugaces que non atopan acougo, futuras estrelas estreladas na busca de soños, estrelarse para buscar con mais ahínco.

10 oct 2012

Perfecto, perfección e todos os seus derivados: eufemismo lingüístico de xaula de barrotes mentais.