24 feb 2019

Gincana

Bichos!!

Hoxe fixen unha gincana...e tiven morriña de campas. Igual para min gincana é sinónimo de 100 nenos/as e o caos.

¿E que maior gincana hai que lograr que 100 nenos/as vivan unha das mellores experiencias da súa vida durante 12 días? Por iso ser Bichos é moito máis que un nome raro para alguén non menos raro.

Bichos é un Por e Para sen olvidar a Seguridade, Seguridade, Seguridade.

         ...é vivir axeno ao mundo exterior.
         ...é responsabilidade.
         ...é enfrentarte a 100 miradas pegadas a ti mentres falas.
         ...é poñerse seria, moi seria de vez en cando.
         ...é contar contos, contar de ti, que che conten deles.
         ...é aprender, aprender e fallar para aprender.
         ...é bailar, cantar e facer o pino e que te sigan 100 futuros.
          ...é esa ensinanza de valores encuberta en normalidade.
          ...é vivir cansada, sen case durmir, feliz.
          ...é erguerse con música, ducharse con música.
          ...é deixar a vergonza e os tabúes da cancela para fora.
          ...é estruxar o cerebro día e noite solo por ver sorrisos.

É, son, milleiros de abrazos por que sí. É PETAR! e REPETAR se fai falla.



É intentar ser para eles o que outros foron para ti, estar do outro lado.

BICHOS é a evolución dunha eterna ACAMPADA.

12 ene 2017

Chora!



Hai  días, hai noites...
Hai días que todo se xunta, días nos que ese pequeno detalle te derrumba.
Días no que aquelo que pensabas que non che importaba, impórtache!
Días nos que aquelo no que non pensabas, quérelo!
Días nos que te sintes débil, pequena, non suficiente.

Chora! Chora!


Ata que decides pisar con forza ao andar, pisar aquelo que por uns instres te entristeceu. E non sorrís, pero pisas, ata que os teus ollos xa non piden bágoas, piden sorrisos.

11 nov 2016

Amar as ojeras

Levoume tempo si, levoume bastante tempo, como case todo que merece a pena. Levoume tempo collerlle cariño e incluso querer as miñas ojeras...
Esas grandes incomprendidas...


Pero e que ao final son a consecuencia da miña ajetreada vida, da miña ajetreada mente, do meu ajetreado corazón...

16 may 2016

O meu refuxio do resto do mundo

Recordoo perfectamente, ese día no que me tiveron que coller polo brazo para para poder saír. Recordo perfectamente a sensación de pánico cando minutos despois me rozaches os pés.
Seguramente foi o único día que huín da túa auga salgada, que temblei ca túa presencia.

En certo modo ese día me demostraches que che pertenzo, pero que ti non lle pertences a ninguén. Que creer en ti é creer en min mesma.
En ti sempre sei que atopo paz, sei que cada día me demostraras algo novo co que ilusionarme, que me farás sacar un sorriso seña como seña o día.

Eres o mais constante con toda a túa inconstancia. O meu refuxio do resto do mundo.


24 oct 2015

Felicidade

Supoño que todo son procesos,
supoño que para entender certas cousas precisas tempo, 
                                                                precisas cicatrices,
                                                                precisas cicatrizar,
                                                                precisas coñecerte,
                                                                precisas que chegue,
                                                                precisas entendelo,
                                                                precisas entenderte. 
Non significa que non as viviras antes pero simplemente non eras conciente.
Pero cando o descubres, cando eres conciente, cando podes afirmar o que che fai feliz, que eres FELIZ, así con grandes letras, berrando!

Non o soltes, abrazao, persígueo, víveo!


12 may 2015

Punto final?


"Teño novas enrugas no meu rostro, novas cicatrices no meu corpo, novas caricias no meu recordo... teño novos anos de experiencia, novos obxetivos na miña mente, novas paixóns no meu corazón.
Teño vellas marcas, vellos bicos e abrazos, vellos ulires... teño vello xeo, vellas bágoas, vellos medos.
Teño vellos ocos para encher." Fin con punto final.


22 oct 2014

"A tua vida é facer maletas..."

"A tua vida é facer maletas..." "Non paras quieta..."

Aprender a facer maletas para unha nova vida na noite antes de marchar, convencerse de que non precisas mais do que colle nunha maleta, aprender o valor da compañía dun libro e música, aprender a apreciar aeroportos, estacións de tren e incluso as lúgubres estacións de bus, aliarte ao automatismo de "Mire, perdone ¿?", descubrir que os andens máxicos de Harry Potter son reais e aparecen xusto enfronte ou detras de ti cando preguntas por eles, aprender a grande axuda dun mapa no primeiro mes, apreciar ainda mais a tua terra...

 ...son algunhas das consecuencias do continuo movemento.

Pero sobre todo, aprender que todos os comezos son lentos, que sempre idealizarás o anterior porque posiblemente foi ideal pero o seguinte tamén pode selo.  Que o que buscas non esta detras da porta da tua casa, hai que buscar máis e ir abrindoas e eso leva tempo, asique paciencia e andar. Non ter medo de non ir sempre acompañado, porque se esperas seguramente non chegues e sempre hai compañías por chegar.
Aprender a aprender, a coñecer e a voltar a empezar, a deixar un cachiño de ti en cada lugar e seguir completa, que xa pararas cando teñas que parar.


Que nunca son demasiadas horas de viaxe nin transbordos, nunca son demasiados anos se o resultado é chegar xustamente a onde queres estar.

Descubrir que a vida son abrazos, abrazos de despedida, abrazos de chegada...