22 oct 2014

"A tua vida é facer maletas..."

"A tua vida é facer maletas..." "Non paras quieta..."

Aprender a facer maletas para unha nova vida na noite antes de marchar, convencerse de que non precisas mais do que colle nunha maleta, aprender o valor da compañía dun libro e música, aprender a apreciar aeroportos, estacións de tren e incluso as lúgubres estacións de bus, aliarte ao automatismo de "Mire, perdone ¿?", descubrir que os andens máxicos de Harry Potter son reais e aparecen xusto enfronte ou detras de ti cando preguntas por eles, aprender a grande axuda dun mapa no primeiro mes, apreciar ainda mais a tua terra...

 ...son algunhas das consecuencias do continuo movemento.

Pero sobre todo, aprender que todos os comezos son lentos, que sempre idealizarás o anterior porque posiblemente foi ideal pero o seguinte tamén pode selo.  Que o que buscas non esta detras da porta da tua casa, hai que buscar máis e ir abrindoas e eso leva tempo, asique paciencia e andar. Non ter medo de non ir sempre acompañado, porque se esperas seguramente non chegues e sempre hai compañías por chegar.
Aprender a aprender, a coñecer e a voltar a empezar, a deixar un cachiño de ti en cada lugar e seguir completa, que xa pararas cando teñas que parar.


Que nunca son demasiadas horas de viaxe nin transbordos, nunca son demasiados anos se o resultado é chegar xustamente a onde queres estar.

Descubrir que a vida son abrazos, abrazos de despedida, abrazos de chegada...

29 sept 2014

¿E que fas aquí?

Podería dar a explicación "adulta" - Estudar.
Pero non deixaría de ser un medio para conseguilo, a resposta para contentar aos que pensan nun bon futuro como un traballo estable, nada mais lonxe da realidade, non o busco, non o quero...

A razón, o motivo, o motor? a cabezonería, a ilusión, o idealismo, o soño, o amor, o...

29 may 2014

Os lares

A minha vida é así, em um segundo já não estou onde estava, mala as costas e a recorrer direções para abrir os meus propios caminhos.  Quando volto o olhar atrás esta cheio de recordos, de muito bons recordos e de pessoas inezqueciveis. Em cinco dias deixo as ilhas que forom o meu lar durante os últimos 9 meses, e isso é o pior de ser nómade ter que ir-te dos teus múltiples lares.  Haberá novos lares, haberá novas pessoas e recordos é fodido, e muito mais quando pasas de conhecer uma palabra a que se convirta em sentimento, podo adicionar as saudades ao caixón onde gardo a morriña. Obrigada portuguesitos, Obrigada Erasmus, Obrigada Ilhas de Bruma!

Voltarei!


https://www.youtube.com/watch?v=kpKpyBpcmnQ

5 feb 2014

Cartas para non entregar

Se hoxe che contara non me recoñecerías, os 19, 20, 21 e 22 quedaron atrás e con eles aquel non floreiro subida a un alto con.