21 dic 2012

Fin do mundo?

Non nos engañemos do que falan todos non é o fin do mundo senon o fin da humanidade (o que significaría posiblemente un respiro para o planeta), e temer o fin da humanidade por unha predicción ou non predicción maia...en fin a humanidade acabarase pero non vos preocupedes non precisamos nin meteorito nin nada parecido, nos soiños somos totalmente capaces de matarnos, xa seña con guerras, algún que outro escape químico ou biolóxico... o fin da humanidade? todolos días, ca propia estupidez humana.

8 nov 2012

Eu creo

Algúns creen en deuses.
Nun Deus poderoso.
E aínda que me parezan estúpidas, outros temos tamén crezas pero diferentes.

Creo e despois de tanto tempo sigo crendo. Nesas creenzas de mente infantil, como se nunca che levaran a darte golpes. Extrañas regras, soños e principios.

E berro que sigo crendo, creo nas Estrelas Fugaces.



E menos mal que os mundos indoloros non existen, porque eu creo.


Trocoleo

"Ben sei que non hai nada
novo baixo o ceo,
que antes outros pensaron
as cousas que ora eu penso.
E ben, ¿para que escribo?
E ben, porque así semos,
relox que repetimos
eternamente o mesmo."

As veces parece que escribindo ou falando as cousas collen un tono real, deixan de ser elucubracións dunha mente demencial.

20 oct 2012

6 de abril de 1943 - 7 de abril de 1990

6 de abril de 1943

 Quizáis o problema é, que gran parte de min é descrita ou se pode definir por un libro que moitos considerán para nenos. É o que me devolve a min mesma unha e outra vez.

Vexo a boa que come un elefante e quero atopar a miña rosa.

7 de abril de 1990

Peut-être que le problème est leur propre étoile filante

15 oct 2012

Exemplos

Dela aprendín…

Eses cantos agazapada no seu colo ao lado da cociña, esas primeiras letras detrás do tiro, esas partidas de birisca, esas longas andainas polos camiños, eses contos de antigos recordos nunca tristes aínda que agora sei que ben os había.

Naceu no 1911…


Sabía ler, escribir e as catro regras, vivíu dúas dictaduras, unha república, unha transición e unha democracia e SEMPRE mirou e tirou cara ADIANTE.

Por ela son…


12 oct 2012

Faladurias

Dicen que é esixente, din que ten un carácter forte...

Quizais tan só se trata dun arraigado inconformismo, cabezonería de ideais e creencias, negación do estatismo e pasivismo, un empeño en moverse aínda que o mundo ao redor este quieto.


Estrelas fugaces que non atopan acougo, futuras estrelas estreladas na busca de soños, estrelarse para buscar con mais ahínco.

10 oct 2012

Perfecto, perfección e todos os seus derivados: eufemismo lingüístico de xaula de barrotes mentais.

28 ago 2012

Noites sen durmir.
Negámonos a conformarnos. Crentes tolos, soñadores natos. Nómades mentais.

25 ago 2012

Se queres ler...

Ás veces cando mercas unha revista atópaste con que as follas foron mal cortadas e seguen unidas por debaixo, asique ao chegar a casa colles un coitelo e desúnelas...para poder ler a revista, para poder pasar páxina...

19 ago 2012

Solo los tontos se apresuran


Pelo alborotado, a imperfección en persoa.



Grandes soños e grandes pesadelos. A espera eterna, o medo ao renuncio, cú inquieto ata atopar asento. Asento perdido, asento non feito.

Destino?

29 jul 2012

Gracias

"Aunque quieras mucho a Triabá, yo siempre supe que tu futuro no estaba aquí, que tienes que salir y no estar debajo de nuestras faldas. De eso se trata hacer bien mi trabajo, conseguir que te valgas por ti misma. Me encanta que estes aquí, pero no te voy a querer menos por estar o no estar, tienes que decidir lo que qieres hacer y ser independiente, aunque no estes aqui nosotros vamos a seguir estando y siendo tus padres y esta siempre va a ser siempre tu casa. No creo que el labor de unos padres sea tener pegados a los hijos ni criar parásitos, eres mi hija pero no mi propiedad. Ahora si nos pasara algo, estarías fastidiada, pero serías capaz de valerte por ti misma, esto significa que hice bien mi trabajo."


 GRACIAS

Sencillamente merecíao :)

13 jul 2012

Exames

1, 2, 3, 4, 5, RESPIRA
1, 2, 3, 4, 5, RESPIRA
1, 2, 3, 4, 5, RESPIRA
1, 2, 3, 4, 5, RESPIRA


Sistema nervioso en colapso, automatismo K.O
Explosión.
Música para tapar as voces.

Liberdade...

27 jun 2012

Memorias apagadas

Sentada, entrenando a mente...

Vino, ollos vacíos de recordos, miradas perdidas sen ter a onde mirar. Triste, chegando a horrorizarme, non polo olvido dunha neta, senón polo vacío dunha mirada.

Quizáis por iso, de cando en cando, séntome horas e so penso, enumero a miña vida e os meus recordos, nun tonto intento para evitar que a miña memoria se apague ou para comprobar que segue encesa.

Para que a miña mirada siga sendo miña.

16 jun 2012

Nanas

Salta no aleatorio unha melodía, a última antes de ir durmir, tan só unha guitarra, un sinxelo e quedo son...sen querer convértese nunha nana, inspira calma, axuda a quedar abrazada a unha manta, e parece que xunto a ela veñen as mans que rozan as cordas...

4 jun 2012

...podenche dar o martelo, pero ninguén vai golpear por ti.

Descubrir que os muros construídos con tanto ahínco, están cheos de gretas. E ainda te acordas das verbas dunha vez, ainda que nunca volverán ser ditas. E ainda recordas as notas. E ainda recordas as noites, e os días.

Pero os muros siguen en pé.

16 abr 2012

Compañías de pose



Persoas que viven tras un cristal, nunha realidade creada por falsas promesas e engaños ocultos. Pobres solitarios pensando que están acompañados.

2 abr 2012

Eterno Stanby

É extraño que todo o mundo vexa o final das historias claros e nítidos, mentras eu vexoos borrosos e sen final aparente.

24 mar 2012

Mariposiña

Lepidópteros dos Cuasis
Cuasis reais, irreais
Existencia ou non dos Cuasis

Que é realmente un Cuasi?

O seguro é que unha mariposiña enche de cor, vivo cor calquera momento.

11 mar 2012

Nuncas

Nuncas que se volven en presente. Pasados que se tornan lonxanos.
Víctimas do silencio.

1 mar 2012

Ordenar

Hai días que simplemente non sei como me sinto, hai días que parece volver o tempo atrás.

20 feb 2012

Contradicción

-Son a que creu que podía e non puido
-Son a que ten miles de defectos
- Son a que quere á xente.
-Son a que non qre molestar
-Son o rebote dunha desilusión.
-Son a que se cansa de esperar pero sigue esperando.
-Son a que bota de menos
-Son a que se acorda dos gustos da xente
-Son a que lle doe ver a xente pedindo pola calle
-Son a que se emociona por todo
-Son a que desfruta dunha boa lectura
-Son a que aprecia a compañia
-Son a que se quere ir e non quere
-Son a que lle da voltas as cousas
-Son a que xa non chora diante da xente
-Son a que rí cando quere chorar
-Son a que agradece un pouco de cariño.
-Son a que deberia odiar e non pode
-Son a que pide perdón por todo
-Son a amiga que escoita
-Son a que ve as cousas boas da xente.
-Son a que enternece unha parella de anciáns collidos da man.
-Son a que atopa algo e o devolve
-Son a que quere aprender cousas.
-Son a que se sinte culpable por non facer mais.
-Son á que lle gusta facer pompas de xabón.
-Son á que lle escapa un sorriso ao ver a unha nai e unha filla correr para sacar unha foto.
-Son á que lle caen as lágrimas ao ver a xente pedindo comida.
-Son a que pode pasar horas vendo o mar.
-Son a que se evade no seu propio mundo interno.
-Son a que ve o mundo e quere cambialo
-Son a que adora os abrazos.

Son a que nunca lle chegará o mundo, pero para a que un abrazo é un mundo. Son contradicción
Son todo e non son nada...son eu para ben ou pa mal

5 feb 2012

Todo cambia.

Todo vai cambiando, ves que a xente cambia...pero ti tamén cambias, nunha dirección ou noutra, coincides ou non ca xente de sempre...pero tes que aprender que os cambios son normais, tes que aprender a aceptalos...pode ser fácil de entender: todo comeza na nenez cunha liña recta, fécil de recorrer; logo pasas a un plano todo se vai facendo máis complexo e por último chegas ao espacio, onde ai moito mais sitio, onde ai moitas mais direccións...ti dunha maneira ou doutra escolles a túa, atopas o teu oquiño e o resto fai o mesmo.
Aprendes a construir muros de protección, mais altos, mais baixos ou con ocos para a xente "especial",  así tes a posibilidade de ir enchendoos cando o precisas...porque as veces teñen o resto que ir quitando tamén pedras, xa que quitar pedras cansa...


A vida non é unha liña recta e eso é o mellor da vida, escala montañas despacio con cuidado ou vainas saltando, caendo e erguéndote, ti elixes...ainda que non te des conta.

20 ene 2012

Ojos brillando

Conocí a alguien que escribía, y me acuerdo de una chica pelirroja en un acantilado, melena al viento, ondeando.

8 ene 2012

Estatismo

Os humanos tenden a manterse estáticos, aferrarse ao acostumado pola comodidade do xa conseguido ou atopado; a pesar de xa non ser o que lles enche de verdade á par que buscan pequenos escapes secretos.

6 ene 2012

Dificil de expresar

Fai tempo que quero escribir sobre ista foto, e non sei porque non son capaz de ordenalo todo en palabras...supoño que ten mais connotacións das que cabería esperar.

2 ene 2012

A dificultade do mais sinxelo

Pensar...
Incorporar o corpo hacia a esquerda, apoiar os pés no frío chan, porse de pé, dar 1 paso, apoiar lentamente e impulsar cara abaixo a manilla ca man sen facer ruido, abrir a porta, camiñar 5  pasos cara o frente, apoiar lentamente e impulsar cara abaixo outra manilla silenciosamente, 1 paso, acurrucarse...
Cobardía...