27 jun 2012

Memorias apagadas

Sentada, entrenando a mente...

Vino, ollos vacíos de recordos, miradas perdidas sen ter a onde mirar. Triste, chegando a horrorizarme, non polo olvido dunha neta, senón polo vacío dunha mirada.

Quizáis por iso, de cando en cando, séntome horas e so penso, enumero a miña vida e os meus recordos, nun tonto intento para evitar que a miña memoria se apague ou para comprobar que segue encesa.

Para que a miña mirada siga sendo miña.

16 jun 2012

Nanas

Salta no aleatorio unha melodía, a última antes de ir durmir, tan só unha guitarra, un sinxelo e quedo son...sen querer convértese nunha nana, inspira calma, axuda a quedar abrazada a unha manta, e parece que xunto a ela veñen as mans que rozan as cordas...

4 jun 2012

...podenche dar o martelo, pero ninguén vai golpear por ti.

Descubrir que os muros construídos con tanto ahínco, están cheos de gretas. E ainda te acordas das verbas dunha vez, ainda que nunca volverán ser ditas. E ainda recordas as notas. E ainda recordas as noites, e os días.

Pero os muros siguen en pé.