20 feb. 2012

Contradicción

-Son a que creu que podía e non puido
-Son a que ten miles de defectos
- Son a que quere á xente.
-Son a que non qre molestar
-Son o rebote dunha desilusión.
-Son a que se cansa de esperar pero sigue esperando.
-Son a que bota de menos
-Son a que se acorda dos gustos da xente
-Son a que lle doe ver a xente pedindo pola calle
-Son a que se emociona por todo
-Son a que desfruta dunha boa lectura
-Son a que aprecia a compañia
-Son a que se quere ir e non quere
-Son a que lle da voltas as cousas
-Son a que xa non chora diante da xente
-Son a que rí cando quere chorar
-Son a que agradece un pouco de cariño.
-Son a que deberia odiar e non pode
-Son a que pide perdón por todo
-Son a amiga que escoita
-Son a que ve as cousas boas da xente.
-Son a que enternece unha parella de anciáns collidos da man.
-Son a que atopa algo e o devolve
-Son a que quere aprender cousas.
-Son a que se sinte culpable por non facer mais.
-Son á que lle gusta facer pompas de xabón.
-Son á que lle escapa un sorriso ao ver a unha nai e unha filla correr para sacar unha foto.
-Son á que lle caen as lágrimas ao ver a xente pedindo comida.
-Son a que pode pasar horas vendo o mar.
-Son a que se evade no seu propio mundo interno.
-Son a que ve o mundo e quere cambialo
-Son a que adora os abrazos.

Son a que nunca lle chegará o mundo, pero para a que un abrazo é un mundo. Son contradicción
Son todo e non son nada...son eu para ben ou pa mal

5 feb. 2012

Todo cambia.

Todo vai cambiando, ves que a xente cambia...pero ti tamén cambias, nunha dirección ou noutra, coincides ou non ca xente de sempre...pero tes que aprender que os cambios son normais, tes que aprender a aceptalos...pode ser fácil de entender: todo comeza na nenez cunha liña recta, fécil de recorrer; logo pasas a un plano todo se vai facendo máis complexo e por último chegas ao espacio, onde ai moito mais sitio, onde ai moitas mais direccións...ti dunha maneira ou doutra escolles a túa, atopas o teu oquiño e o resto fai o mesmo.
Aprendes a construir muros de protección, mais altos, mais baixos ou con ocos para a xente "especial",  así tes a posibilidade de ir enchendoos cando o precisas...porque as veces teñen o resto que ir quitando tamén pedras, xa que quitar pedras cansa...


A vida non é unha liña recta e eso é o mellor da vida, escala montañas despacio con cuidado ou vainas saltando, caendo e erguéndote, ti elixes...ainda que non te des conta.