28 dic 2011

Disfraces


E está a chegar esa noite...unha desas ocasións onde se preparan os caros disfraces, para entrar nun novo ano...

Prepáranse eses vestidos de princesas, eses traxes de funeral con chamativas gravatas...todo o que se supón que é elegante...que nos favorece...
As perruquerias a rebentar...peiteados, maquillaxe...todo o que se poda para tapar eses "defectos" que temos...todo o posible para parecer o menos posible nós...intentamos sen darnos conta tapar parte da nosa identidade...eses defectos que en realidade nos fan especiais, que nos fan ser nós...

Caretas de polvos...roupa, calzado sen nada de comodidade,a pesar de que vai ser unha das noites mais longas do ano...

Pero todos o facemos...bodas, fins de anos, actos especias...para que todos nos vexan sen ser nós...xa que é o que se supón que debemos  facer, dar unha boa impresión, dar unha boa imaxe...prexuízos sobre nos mesmos...

21 dic 2011

16 dic 2011

VIVIR!!

Vivir nun soño, tolería constante, caerse por soñar que voas, erguerse...agolpamientos de sentimentos, maraña de pensamentos, retorcer a vida para que nada teña sentido... :D


Formar o teu propio mundo para que todo esté permitido...

15 dic 2011

Efectos ópticos

Iluminación, transparencia...xogos con lume...efectos ópticos
Porque case sempre a xente que brila, parece transparente, pasa desaparecida...xustamente
esa transparencia deixa pasar o brilo...

13 dic 2011




Nunca te avergonces, nin te arrepintas de sentir, sen sentir non somos mais que carne e ósos perdemos a única esencia que vale a pena no ser humano, o sentimento.

Mirar, ver

Mirar, mirando...
Ver, vendo...

Mirando miradas, miradas mirando
Miradas ocultas, miradas
Miradas caladas, miradas berrando
Ollos falando sen ser escoitados




Choque de miradas

9 dic 2011

Ano tras outro


Dicen que se acaba un ano...e que tras del ven outro novo....a xente comeza a propoñerse comezar cousas e desexos para o ansiado 2012...outros laméntanse dun ano mais pasado...todo marcado por eses números, 2011,2012... do 31 pasamos o 1....pero cal é o cambio?

En realidade non é mais que unha ilusión que nos marcamos...unha data límite para q algo mellore, para que algo continúe, para que algo comece ou remate...un ano tras outro...pero eu por moito que o intento nn vexo mais que a continuación da miña vida, marcada polas miñas accións e pola “suerte” “destino”...non vexo que ese ano novo o vaia cambiar...por mais que o intento o que recordo son sucesos, sentimentos, sensacións da miña vida non anos.... dame igual que fora nun número que noutro, o importante é o que aconteceu e dende logo non cando...

Recordas cando foi a 1ª vez que uliches unha flor, que tocaches a auga fría do río, que viches as estrelas e te asombraches da súa beleza, que abrazaches, que caixes e te erguestes, que sorriches?pero recordas que iso pasou...

Por iso eu non me propoño boas accións para o novo ano...seguirei propoñendome mellorar día a día, mellorar para toda a vida...e sí un ano atrás queda, mellor ou peor, pero nn ten mais significado que o que lle aportan os acontecementos e non terá mais do que cada un lle qeira dar....cicatriz arriba cicatriz abaixo

Asique para ao ano novo non lle pido nada...ningún desexo....cédollos para quenes os necesiten, eu intentarei telos e cumplilos nos momentos que lles corresponda...

Nin me propoño nada que comezar no 2012....propoñome o de sempre o que propoño todos os dias e cada momento....propoñome mellorar como persoa, cometer erros e aprender deles,non facer dano a xente...propoñome vivir sin pensar no tempo...feliz cando se poda, infeliz cando corresponda...

E o que pase non estará marcado por unha data....estará marcado porque pasa e punto...todo pasará xustamente cando teña que pasar...