28 dic 2011

Disfraces


E está a chegar esa noite...unha desas ocasións onde se preparan os caros disfraces, para entrar nun novo ano...

Prepáranse eses vestidos de princesas, eses traxes de funeral con chamativas gravatas...todo o que se supón que é elegante...que nos favorece...
As perruquerias a rebentar...peiteados, maquillaxe...todo o que se poda para tapar eses "defectos" que temos...todo o posible para parecer o menos posible nós...intentamos sen darnos conta tapar parte da nosa identidade...eses defectos que en realidade nos fan especiais, que nos fan ser nós...

Caretas de polvos...roupa, calzado sen nada de comodidade,a pesar de que vai ser unha das noites mais longas do ano...

Pero todos o facemos...bodas, fins de anos, actos especias...para que todos nos vexan sen ser nós...xa que é o que se supón que debemos  facer, dar unha boa impresión, dar unha boa imaxe...prexuízos sobre nos mesmos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario