9 dic 2011

Ano tras outro


Dicen que se acaba un ano...e que tras del ven outro novo....a xente comeza a propoñerse comezar cousas e desexos para o ansiado 2012...outros laméntanse dun ano mais pasado...todo marcado por eses números, 2011,2012... do 31 pasamos o 1....pero cal é o cambio?

En realidade non é mais que unha ilusión que nos marcamos...unha data límite para q algo mellore, para que algo continúe, para que algo comece ou remate...un ano tras outro...pero eu por moito que o intento nn vexo mais que a continuación da miña vida, marcada polas miñas accións e pola “suerte” “destino”...non vexo que ese ano novo o vaia cambiar...por mais que o intento o que recordo son sucesos, sentimentos, sensacións da miña vida non anos.... dame igual que fora nun número que noutro, o importante é o que aconteceu e dende logo non cando...

Recordas cando foi a 1ª vez que uliches unha flor, que tocaches a auga fría do río, que viches as estrelas e te asombraches da súa beleza, que abrazaches, que caixes e te erguestes, que sorriches?pero recordas que iso pasou...

Por iso eu non me propoño boas accións para o novo ano...seguirei propoñendome mellorar día a día, mellorar para toda a vida...e sí un ano atrás queda, mellor ou peor, pero nn ten mais significado que o que lle aportan os acontecementos e non terá mais do que cada un lle qeira dar....cicatriz arriba cicatriz abaixo

Asique para ao ano novo non lle pido nada...ningún desexo....cédollos para quenes os necesiten, eu intentarei telos e cumplilos nos momentos que lles corresponda...

Nin me propoño nada que comezar no 2012....propoñome o de sempre o que propoño todos os dias e cada momento....propoñome mellorar como persoa, cometer erros e aprender deles,non facer dano a xente...propoñome vivir sin pensar no tempo...feliz cando se poda, infeliz cando corresponda...

E o que pase non estará marcado por unha data....estará marcado porque pasa e punto...todo pasará xustamente cando teña que pasar...


No hay comentarios:

Publicar un comentario