Nunca te avergonces, nin te arrepintas de sentir, sen sentir non somos mais que carne e ósos perdemos a única esencia que vale a pena no ser humano, o sentimento.
13 dic 2011
Mirar, ver
Mirar, mirando...
Ver, vendo...
Mirando miradas, miradas mirando
Miradas ocultas, miradas
Miradas caladas, miradas berrando
Ollos falando sen ser escoitados
Choque de miradas
Ver, vendo...
Mirando miradas, miradas mirando
Miradas ocultas, miradas
Miradas caladas, miradas berrando
Ollos falando sen ser escoitados
Choque de miradas
9 dic 2011
Ano tras outro
Dicen que se acaba un ano...e que tras del ven outro
novo....a xente comeza a propoñerse comezar cousas e desexos para o ansiado
2012...outros laméntanse dun ano mais pasado...todo marcado por eses números,
2011,2012... do 31 pasamos o 1....pero cal é o cambio?
En realidade non é
mais que unha ilusión que nos marcamos...unha data límite para q algo mellore,
para que algo continúe, para que algo comece ou remate...un ano tras outro...pero
eu por moito que o intento nn vexo mais que a continuación da miña vida,
marcada polas miñas accións e pola “suerte” “destino”...non vexo que ese ano
novo o vaia cambiar...por mais que o intento o que recordo son sucesos,
sentimentos, sensacións da miña vida non anos.... dame igual que fora nun
número que noutro, o importante é o que aconteceu e dende logo non cando...
Recordas cando foi
a 1ª vez que uliches unha flor, que tocaches a auga fría do río, que viches as
estrelas e te asombraches da súa beleza, que abrazaches, que caixes e te
erguestes, que sorriches?pero recordas que iso pasou...
Por iso eu non me
propoño boas accións para o novo ano...seguirei propoñendome mellorar día a
día, mellorar para toda a vida...e sí un ano atrás queda, mellor ou peor, pero
nn ten mais significado que o que lle aportan os acontecementos e non terá mais
do que cada un lle qeira dar....cicatriz arriba cicatriz abaixo
Asique para ao ano
novo non lle pido nada...ningún desexo....cédollos para quenes os necesiten, eu
intentarei telos e cumplilos nos momentos que lles corresponda...
Nin me propoño
nada que comezar no 2012....propoñome o de sempre o que propoño todos os dias e
cada momento....propoñome mellorar como persoa, cometer erros e aprender
deles,non facer dano a xente...propoñome vivir sin pensar no tempo...feliz
cando se poda, infeliz cando corresponda...
E o que pase non
estará marcado por unha data....estará marcado porque pasa e punto...todo
pasará xustamente cando teña que pasar...
15 nov 2011
6 nov 2011
Pegadas
Camiña, camiña...hacia diante, hacia atrás, en círculos...pero camiña...
Dirección a ningunha parte, onde os pasos te leven...nunca borres as túas pegadas.
Pegadas de erros, de acertos, de bondade, de maldade, de egoísmo, de altruísmo.
Pegadas da túa vida.
Dirección a ningunha parte, onde os pasos te leven...nunca borres as túas pegadas.
Pegadas de erros, de acertos, de bondade, de maldade, de egoísmo, de altruísmo.
Pegadas da túa vida.
3 nov 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


