22 oct 2014

"A tua vida é facer maletas..."

"A tua vida é facer maletas..." "Non paras quieta..."

Aprender a facer maletas para unha nova vida na noite antes de marchar, convencerse de que non precisas mais do que colle nunha maleta, aprender o valor da compañía dun libro e música, aprender a apreciar aeroportos, estacións de tren e incluso as lúgubres estacións de bus, aliarte ao automatismo de "Mire, perdone ¿?", descubrir que os andens máxicos de Harry Potter son reais e aparecen xusto enfronte ou detras de ti cando preguntas por eles, aprender a grande axuda dun mapa no primeiro mes, apreciar ainda mais a tua terra...

 ...son algunhas das consecuencias do continuo movemento.

Pero sobre todo, aprender que todos os comezos son lentos, que sempre idealizarás o anterior porque posiblemente foi ideal pero o seguinte tamén pode selo.  Que o que buscas non esta detras da porta da tua casa, hai que buscar máis e ir abrindoas e eso leva tempo, asique paciencia e andar. Non ter medo de non ir sempre acompañado, porque se esperas seguramente non chegues e sempre hai compañías por chegar.
Aprender a aprender, a coñecer e a voltar a empezar, a deixar un cachiño de ti en cada lugar e seguir completa, que xa pararas cando teñas que parar.


Que nunca son demasiadas horas de viaxe nin transbordos, nunca son demasiados anos se o resultado é chegar xustamente a onde queres estar.

Descubrir que a vida son abrazos, abrazos de despedida, abrazos de chegada...

No hay comentarios:

Publicar un comentario